Editorial

  • Alberto Simões Universidade do Minho
  • José João Almeida Universidade do Minho
  • Xavier Gómez Guinovart Universidade de Vigo

Resumo

Con este número chegamos ao oitavo ano de Linguamática, un fito que logramos atinxir grazas á implicación e axuda de todo o equipo de colaboradores da revista. Autores, revisores e editores logramos cada semestre encher de contidos relevantes este espazo de divulgación científica concibido para a comunidade do PLN no ámbito lingüístico e cultural da Península Ibérica.

O labor non é doado, pois non é pouca a presión das autoridades académicas e políticas para favorecer as publicacións en lingua inglesa, en editoriais estranxeiras e en revistas catalogadas consonte estes principios subordinantes e ben pouco favorábeis a valorar axeitadamente a actividade científica orientada ao desenvolvemento das nosas propias comunidades lingüísticas, culturais e nacionais.

Precisamente por estas razóns, celebramos aínda con máis orgullo a saída do prelo de Linguamática e agradecemos con maior agarimo o traballo desinteresado de todas as persoas que semestre a semestre xuntan os seus esforzos entusiastas para conseguir unha publicación científica digna escrita nas nosas linguas e cada vez máis recoñecida, indexada e citada no ámbito das tecnoloxías das linguas ibéricas.

Publicado
2016-07-21
Como Citar
Simões, A., Almeida, J. J., & Gómez Guinovart, X. (2016). Editorial. Linguamática, 8(1), i-vii. Obtido de https://www.linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/v8n1-0
Edição
Secção
Prefácio