Corpus multimedia VEIGA inglés-galego de subtitulación cinematográfica

Autores/as

Resumen

Neste artigo presento un proxecto de investigación que consiste na compilación e na explotación do corpus Veiga, un corpus multimedia de subtítulos en inglés e en galego. Trátase dun proxecto en fase de desenvolvemento que pretende servir como ferramenta para o estudo e a investigación de certos aspectos relacionados coa práctica da subtitulación intralingüística en inglés e da subtitulación interlingüística do inglés cara ao galego. O Veiga, inda que forma parte do corpus paralelo CLUVI, transcende o plano textual propio dos demais subcorpus do CLUVI e permite observar os subtítulos no seu estado natural, isto é, como parte dun produto audiovisual. Amais de cuestións relacionadas coa construción do corpus e co sistema de buscas, mencionarei algunha das posibles utilidades deste corpus para a práctica, a investigación e a formación en subtitulación.

Referencias

Publicado

2012-01-01

Número

Sección

Proyectos y recursos

Cómo citar

Corpus multimedia VEIGA inglés-galego de subtitulación cinematográfica. (2012). Linguamática, 3(2), 99-106. https://www.linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/110